Friday 17 de May de 2024

Adíase o concerto de Human ao día 30


A banda pobrense Human vese na obriga de adia-lo concerto que estaba previsto para 23 de decembro por motivos de saúde dun dos seus integrantes.

A nova data elixida é o día 30, a partir das 22.30 horas, no toldo instalado na praza Alcalde Segundo Durán.

Nesta actuación presentarán o novo EP titulado Anomaly e contarán con Leite con Jalletas como artista convidado.

Organizan conxuntamente a Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e a produtora Silencio Roto.